Co gallo das Letras deste ano, facemos coincidir programación adicada en xusta medida ao noso idioma. Non está demáis, ou case necesario, potencialo e falalo... Para os que gosten do baile e do rock na súa esencia máis musical... A Compañía do Ruído, Samesugas, Zénzar, Zurrumalla...
Debido a varias chamadas telf. polo punto de venta das entradas de No Reply, dar conta que a parte de Atrapalo, podedes atopalas en físico no Aturuxo ou na Librería A Esmorga de Cangas.... O enlace para mercar pola rede é http://www.atrapalo.com/entradas/no-reply-en-bueu_e61175/ . Moitas grazas.
Venres 11 de Maio às 20:00h na LIBRARIA A ESMORGA DE CANGAS presentaciòn do libro: CONTOS DA ERA DO JAZZ de F.Scott Fitzgerald, estarà presente o editor Moises Barcia e o Traductor Rafael Salgueiro, coma peche do acto terà lugar unha actuaciòn a cargo do grupo Iago Fernandez Jazz-Duo. Haberà empanada e cervexa de balde.
Exposición de Vinilos no Aturuxo. Febreiro e Marzo.
MÚSICAS PARA ESCAPAR DA FIN DO MUNDO
Os MAYAS xa se adiantaron as axencias de Rating e calificación financieira, e a través dunha pedra perdida no grosor da selva foron quen de predecir que no 2012 o mundo tal como o coñecemos vai desaparecer. O longo da historia, dende a revoluciòn industrial en diante o home non foi capaz de fagocitar as súas ansias de riqueza e foi mudando a natureza das cousas o seu antoxo, sen reparar en gastos e consecuencias, sempre guiado por un espíritu de riqueza que o único que acadou foi o medrar duns poucos a conta de empobrecer a uns moitos, ….seguramente demasiados.
Dende o Aturuxo propoñemos a música coma táboa de salvaciòn dun mundo que apodrece e pisa o acelerador cara a súa autodestrucciòn. “Apocalipticos pero integrados!” e o berro que se escoita nos recunchos do Rock n`Roll. A música retorna para iluminar a saída deste buraco no que nos meteron, igual que a luz atrae sen remedio as polillas para logo incendiar os seus corpos nunha mestura de dor e éxtase total, nos queremos convocar a través dos diferentes estilos musicais un berro de impotencia. Buscamos unha banda sonora acorde cos tempos nos que vivimos, o rock, o jazz, a canción protesta…todos foron estilos musicais que se erexiron coma modelo de cambio estructural. A música sempre foi a punta de lanza dos movementos sociais mais importantes do século XX.
A Exposición “ 30 Discos contra a Fin do Mundo” propón unha escolma subxetiva de 30 vinilos cos que afrontar o estalido final, o Apocalipsis…se somos capaces de descifrar as mensaxes ocultas que viaxan escondidas nos surcos destes elepes quizais teñamos unha última oportunidade, non fai falla xirar os discos o revés para escoitar mensaxes apocalipticas o que debemos facer é poñelos ó dereito, subir o volume e abrir ben as orellas, os tambores están soando, a calma misteriosa da xungla vai saltar polo aire, a revolta está en marcha….
Máis oferta para a Música ao Vivo no Morrazo... Venres, o grupo Los Barrankillos encherán e deixarán ritmos rumbeiros, que de seguro faranos pasar a noite en movimento e ritmo corporal, compartido polo bo rolo... Xa para Sábado, volven Rimas Rapeiras ao local, desta vez, da mán dun dos grupos re-coñecidos na escena galega pola súa base colectiva e comprometida... Benvidos ao Morrazo.... E xa para o anoitecer do domingo, un dos nomes de calidade contrastada e impresionante, Mastretta, desta vez a orquestra chegará a sete músicos que levaranos o trance da sonoridade quedando impregandas as paredes do bar. Uff. ¡Espero que gosten!!