Domingo 26 agosto de 2018 • 21:30 h Música | 8€ ant. / 10€ bill.
Julián Maeso (Formato cuarteto. Ao aire libre 🌳🌿)
Curtido na escena estatal non só en The Sunday Drivers, dos que foi membro fundador, senón tamén en bandas como Andabluses, The Blackbirds, Speaklow, Aurora & The Betrayers ou The Sweet Vandals, Julián Maeso é un reputado creador de sons e cancións con tres álbums en solitario ás súas costas.
O máis recente é Somewhere, Somehow, unha obra excitante e conmovedora que desprega todas as influencias de Julián. Maeso é ademais de multiinstrumentista, un dos mellores especialistas en órgano Hammond do estado e grazas a esa mestría en particular xirou con artistas como M-Clan ou Quique González.
Grandes divas do soul como Irma Thomas, Betty Harris ou Martha High tamén o reclamaron como teclista, aínda que a nómina das súas colaboracións inclúe a artistas como Pájaro, Ken Stringfellow, Taylor McFerrin ou The New Master Sounds. A oportunidade de telonear a músicos da talla de Jakob Dylan, Paul Weller, The James Taylor Quartet, Maceo Parker ou Neneh Cherry permitiulle ensanchar o seu indiscutible oficio.
Entradas anticipadas á venda no local e mais en entradium.com
comments powered by Disqus