Sábado 30 marzo de 2019 • 22:30 h Música | 5€ con consumición mínima
La Regadera
Tras o éxito de público e crítica que supuxo Trovadores –o seu anterior traballo-, La Regadera prosegue a súa incesante actividade editando o seu esperado terceiro disco.
Como título, unha declaración de principios atrevida e guasona: “Dormir es de cobardes”. Once temas gravados nun dos santuarios do son da península (Gárate Estudos) por un dos produtores máis prestixiosos da mesma, Kaki Arkarazo (Vetusta Morla, La Moda, Skalariak, Berri Txarrak…).
Neste terceiro traballo temos unha nova oportunidade de comprobar a evolución do son da banda, onde atopamos tanto temas co característico “son Regadera” como outros cortes onde exploran novas cadencias e texturas.
O mesmo ocorre nos textos, onde o inconfundible universo do septeto antóllase máis variado que nunca: achando neles desde emotivas historias de superación, relatos de desamor trufados de fina ironía, surrealistas viaxes que rozan o daliniano ou unha pertinaz defensa do seu oficio e polo tanto da arte no máis amplo sentido da palabra.
O combo mirandés compórtase como un experto malabarista capaz de conxugar a diversión, a emoción, o disparate, a reflexión ou a festa, constituíndo un xute de enerxía fresco e imparable. O novo álbum que La Regadera trae entre mans cociñouse con esmero, agarimo e coidando todos os detalles.
Reservas de entradas a través do email info@aturuxo.net
comments powered by Disqus