Domingo 31 marzo de 2019 • 20:30 h Música | 6€

Varalonga (Presentando 'Poetas Populares Vol. 1')

Varalonga (Presentando 'Poetas Populares Vol. 1')

Nos ano 70 xuntábanse catro rapaces e dúas rapazas case adolescentes para formar un grupo chamado ‘Nuevas Amistades’, participan no ‘Festival del Miño’ co primeiro tema que se presentaba en Galego ao devandito Festival, “’antiga das Fontes’.

A partir de alí comeza unha carreira discográfica con varias participacións en festivais e diversas xiras.

En 1975 desfaise o grupo e quedan 40 anos de ausencia dos escenarios; ata que no 2015 se xuntan para cantar unha panxoliña no ‘Luar’ da TVG. É a partir de este encontro cando varios dos seus membros deciden volver a cantar co nome de ‘Varalonga’.

Prantexan adicar seu traballo creativo a musicar poemas dos poetas populares do seu pobo natal, deses homes e mulleres que non falaban do traballo desde a fiestra ou o balcón; cando falaban dun carro, eles mesmos, carrexaban ou empuxaban del; se falaban da leira eles labraban e botaban o esterco, e se falaban do mar eles remaban ou tiraban das redes, rapetas, nasas na gamela…

Para acadalo buscan axuda na Asociación Cultural ‘A Cepa’ de Cangas, que decide apadriñar seu traballo; así no 2017 faise a saída dixital do novo proxecto discográfico baixo o titulo ‘Poetas Populares Vol. 1’ con textos dos poetas da rúa:

• Serafín Graña (Serafín) • José Santos (Pepe Poeta).

Un traballo que deixamos á vosa consideración, para escoitar e sentir as verbas dos nosos poetas, que tanto nos axudaron a vivir en tempos difíciles.

comments powered by Disqus