Venres 5 abril de 2019 • 23:00 h Música | 3€
Pekagboom (Hip-hop, São Tomé e Príncipe)
Pekagboom é considerado un dos rappers máis influíntes do panorama de hip-hop de São Tomé e Príncipe.
Percio Sousa Neves e Silva, coñecido por Pekagboom, naceu en 1985 en Luanda, Angola, mais foi en São Tomé e Príncipe onde viviu a súa infancia e adolescencia.
Cunha paixón incomensurable polo rap, Pekagboom comezou a súa actividade musical en Portugal, no barrio social “Quinta do Mocho” en 2003, no que formou o grupo Imperio Suburbano.
Pekagboom, xuntamente con outros fillos da emigración africana, é coñecido como un rapper de intervención, aborda temas de cariz social e político, normalmente as desigualdades sociais, dereitos humanos, corrupción, etc.
É visto no mundo da arte de rimar como un activista no rap, tendo como principais referencias rappers a artistas como Valete, Azagaia, Sam The Kid, Kid MC, Kendrik Lamar, Eminem, Nas… e o seu grupo Imperio Suburbano.
O álbum ‘Banho público’ de Pekagboom fíxolle ser homenaxeado en 2017 como mellor Rapper de Intervención Social na II Gala “Africa is more”, é considerado polo sitio web Planeta Rap Luso como mellor rapper são-tomense do ano 2016, e levou tamén o titulo de mellor álbum Rap Sãotomense.
comments powered by Disqus