Mércores 19 xuño de 2019 • 21:00 h Música | 5€ con consumición mínima
Hilda Lizarazu (Arxentina)
Por primeira vez a artista arxentina Hilda Lizarazu cruza o charco, desde Buenos Aires, para presentar “Sola en los bares Tour”, xunto ao seu compañeiro musical Federico Melioli.
En formato acústico darán lugar a un puñado de cancións súas e alleas, que forman parte dos clásicos do rock & pop arxentino.
Será unha entrega íntima onde a artista poñerá ao dispor do espectador as súas cancións máis entrañables, repasando a súa historia e os proxectos nos que participou.
comments powered by Disqus