Domingo 30 xuño de 2019 • 21:00 h Música | 6€ 🌿 Ao aire libre

Zeltia Irevire (Folk-blues, Galiza)

Zeltia Irevire (Folk-blues, Galiza)

Despois de moitos anos cantando as súas propias composicións tanto en Galicia coma en Irlanda, foi a principios do 2018 cando comeza a formar un proxecto musical con Migui Carballido. Na primaveira do 2019 incorpórase á formación Cibrán Seixo Pazos, co seu violín comeza a formar parte do novo estilo, o Folk Tribal.

As súas composicións son en galego e inglés inspirándose no legado cultural da nosa terra galega. No seu afán máis ambicioso pretende impulsar un cambio san no medio e difundir a mesaxe de protexer a nosa cultura e o bosque autóctono.

A música de Zeltia Irevire consiguen adentrarnos nunha viaxe onde o Folk e o Blues se misturan con outros momentos máis acústicos e tribais. En verbas da cantante e compositora galega:

Eu espero que só me deixedes entrar ao Bosque con vos, con esta música danzaremos e lembraremos o tempo da vida, os soños que aínda nos guían.”

Podedes coñecelos mellor a través dos seus traballos:

  • Zeltia Irevire (directo no estudo a Ponte, Santiago de Compostela)

https://zeltia.bandcamp.com/album/zeltia-irevire

  • Zeltia Kúzlo Duše ( estudio Planta Sónica, Vigo), traballo individual coa colaboración de músicos profesionais da escena galega.

https://zeltia.bandcamp.com/album/zeltia-k-zlo-du-e

comments powered by Disqus