Domingo 28 xullo de 2019 • 21:00 h Música | 5€ ant. / 7€ bill. 🌿 Ao aire libre

Meszecsinka Duo (Folk, Hungría-Bulgaria), Xoana (Galiza)

Meszecsinka Duo (Folk, Hungría-Bulgaria), Xoana (Galiza)

Meszecsinka Duo

Meszecsinka é filla dun romance que comezou baixo a lúa chea. Significa “lúa pequena” en búlgaro, e provén da canción do folk búlgaro favorita de Annamari.

Meszecsinka é íntima, máxica e fráxil, como calquera filla do amor. Canta en sete idiomas (húngaro, romaní, búlgaro, finés, inglés, árabe e español), é orixinaria de dous países (Hungría e Bulgaria) e lévate a un País das Marabillas, onde o folk búlgaro e húngaro convive coa música latina, funky, oriental e experimental.

Compoñentes:

  • Annamari Oláh: voz
  • Emil Biljarski: guitarra e teclados

Entradas anticipadas á venda no local e mais en Entradium.com (sen gastos adicionais).

Xoana

» O meu nome é Xoana e cos meus 20 anos estou inmersa nun proxecto musical que ten coma principal aliada á lingua galega, promocionando o uso desta coa axuda de ritmos coma o pop, o rock, o jazz, o funky e mesmo o reggae. Dardos é o disco co que acabo de irromper no mundo da música e utilizo así esta coma un medio de denuncia. Todas as cancións xiran arredor de temas actuais que precisan ser escoitados e que mellor que a música para invitar a realizar cambios!

» No meu disco, ‘Dardos’, Todas as cancións teñen unha mensaxe social e expresan queixas resumidas no título cunha soa palabra, a modo de dardos, pequenos mais precisos.

» Por outra banda, Dardos está orientado a achegarlles ós máis novos a música galega e en galego, e que asemade a sintan como algo propio, de xeito semellante ó que eu experimentei.

» Por un galego que derrube fronteiras e estea libre de prexuízos! A música move o mundo e así se marcan os cambios.

comments powered by Disqus