Sábado 10 agosto de 2019 • 20:30 h Música | 8€ ant. / 10€ bill. 🌿 Ao aire libre
María La Mónica (Afromenco, Andalucía)
María La Mónica é unha artista de Chiclana (Cádiz) que adereza o flamenco gaditano con outros folclores. No escenario conecta o seu moño ao ceo e mostra a súa arte natural e sincera, creando distintos ambientes nun mesmo show no que se forma un forte lazo de unión co público.
- David León – batería
- Joan Masana – baixo
- Jose Atero – guitarra
- Yaserra Herrera – teclado
- María La Mónica – voz e percusión
Máis de 12 anos traballando na música, e é agora cando decide sacar ‘Carretera y Mantra’, primeiro traballo discográfico en solitario. Aí reflíctense todas as Marías; reflexiva, positivista e interior, con pinceladas de ironía e o seu claro e aberto sentido do humor.
Tan flamenca como rapeira, onde o baile é un don de fluír, e a percusión unha forma de expresión terreal. Neste proxecto conta con músicos de jazz, latin, funk, flamenco, árabe… cunha longa traxectoria: David León (produtor musical do disco), Jose Atero, Joan Masana e Robert Chacón. A unión das personalidades musicais e humanas da banda é o que fai que o son sexa autentico e novo, aparecendo este novo estilo que ela e eles chaman Afromenco.
Entradas anticipadas á venda no local e mais en Entradium (sen gastos adicionais).
comments powered by Disqus