Domingo 1 setembro de 2019 • 19:00 h Música | 7€ ant. / 9€ bill. 🌿 Ao aire libre

O Xardín Encantado

O Xardín Encantado

Tarde-noite de concertos baixo os salgueiros da terraza do Aturuxo (Apertura de portas: 18:30)

Viser (19:00)

Música en estado puro. Folk, soul, latin music, tex-mex fronteirizo, country rock, rumba axúntanse con guitarra, voz, harmónica e percusión nun trepidante repertorio de autor, no que non falta a canción con conciencia, mantras do camiño e algunha que outra versión clásica, co que nos deleitará Viser neste concerto en solitario.

Zeltia Irevire (20:00)

Despois de moitos anos cantando as súas propias composicións tanto en Galicia coma en Irlanda, foi a principios do 2018 cando comeza a formar un proxecto musical con Migui Carballido. Na primavera do 2019 incorpórase á formación Cibrán Seixo Pazos, co seu violín comeza a formar parte do novo estilo, o Folk Tribal.

As súas composicións son en galego e inglés inspirándose no legado cultural da nosa terra galega. No seu afán máis ambicioso pretende impulsar un cambio san no medio e difundir a mensaxe de protexer a nosa cultura e o bosque autóctono.

Cloverwind (21:30)

O grupo Cloverwind creouse a finais de 2012 co obxectivo de achegar as raíces celtas mesturando o folk tradicional irlandés e vasco.

Irantzu Garamendi e Gotzon Batikon foron os compoñentes que empezaron a levar a cabo este proxecto. O proxecto parte de querer dar a coñecer a música irlandesa polo País Vasco.

Compoñentes:

  • Oier Garamendi: voz e pandeiro.
  • Irantzu Garamendi: frauta travesa, whistles, txistu e frauta.
  • Félix Cortázar: bodhran.
  • Clara Junguitu: violín.
  • Unai Olaso: bouzuki, guitarra e baixo.

Entradas anticipadas á venda no local e mais en Entradium.com (sen gastos adicionais).

comments powered by Disqus