Domingo 1 setembro de 2019 • 13:00 h Sesión vermú | De balde. 🌿 Ao aire libre

Cloverwind (Folk vasco-irlandés, Euskadi)

Cloverwind (Folk vasco-irlandés, Euskadi)

Tamén teremos a Cloverwind á tardiña dentro do noso evento ‘O Xardín Encantado’, con tres concertos que comezarán ás 19:00.

O grupo Cloverwind creouse a finais de 2012 co obxectivo de achegar as raíces celtas mesturando o folk tradicional irlandés e vasco.

Irantzu Garamendi e Gotzon Batikon foron os compoñentes que empezaron a levar a cabo este proxecto. O proxecto parte de querer dar a coñecer a música irlandesa polo País Vasco.

Compoñentes:

  • Oier Garamendi: voz e pandeiro.
  • Irantzu Garamendi: frauta travesa, whistles, txistu e frauta.
  • Félix Cortázar: bodhran.
  • Clara Junguitu: violín.
  • Unai Olaso: bouzuki, guitarra e baixo.
comments powered by Disqus