Domingo 3 novembro de 2019 • 20:30 h Música | 5€ ant. / 7€ bill.

Barry White Gone Wrong (Rock/blues, Portugal. Intercambio AIEnRUTA - OuTonalidades)

Barry White Gone Wrong (Rock/blues, Portugal. Intercambio AIEnRUTA - OuTonalidades)

BWGW mesturan rock, blues, soul e un pouco de funk coa voz icónica e profunda do belga Peter de Cuyper, acompañada polo nivel técnico das catro voces que o acompañan, dálles un son moi propio, emocionante e glamuroso.

O son sexy cheo de actitude dos seus concertos seduciron ao público, que non queda indiferente ante un percorrido que se construíu a base de persistencia e moito traballo.

Despois de moitos singles, finalmente no ano 2017 gravan o primeiro álbum: «Tornado», producido por Tatanka (The Black Mamba), recibindo fantásticas críticas na prensa portuguesa e 4 singles e vídeos son parte das listas de reprodución en varias radios nacionais (Antena3, SBSR.fm, Super fm, Marginal).

En 2017, BWGW viaxaron por Portugal, España, Francia, Holanda e Bélxica. En 2018, levaron a cabo o novo circuíto, actuando tamén en África, Cabo Verde. Así como en varios festivais de renome en Portugal.

En 2019 – «Done», é o segundo longa duración e o primeiro single, «Anonymous Believers» que inmediatamente obtivo máis de 35.000 vistas nunha semana en Facebook.

Os integrantes son: Peter De Cuyper (vocalista), Miguel Décio (voz, guitarra), Mário Moral (voz, guitarra), Carlos Borges (voz, baixo) e Pedro Frazão (voz, percusión).


Entradas anticipadas á venda no local e mais en Entradium (sen gastos de xestión).

comments powered by Disqus