Domingo 9 febreiro de 2020 • 12:00 h Música

Foliada–vermú 'Arredor da tradición'

Foliada–vermú 'Arredor da tradición'

Logo de dous anos presentando os libros “Mulleres de Gargamala. Cantares de tradición oral” (Feixoo, X. e Ignacio, G. 2017) e “Maruxa das Cortellas. Tocadora do pandeiro” (Feixoo, X. 2017), Arredor da tradición remata unha etapa para que se abran outras. E faino con música e baile tradicionais, nunha foliada aberta en sesión vermú na mítica sala Aturuxo de Bueu. Vide celebrar e compartir a tradición!

Arredor da tradición é un grupo de traballo centrado na compilación, investigación e divulgación da música de tradición galega. Está integrado pola etnomusicóloga Xulia Feixoo e o compilador Guillerme Ignacio, e deu os seus primeiros pasos a fins do 2016.

Partindo do traballo de campo buscan profundizar no coñecemento das músicas de tradición oral, reservando sempre un papel protagonista para as propias informantes e empregando a divulgación como ferramenta de resocialización de todo ese patrimonio. Froito importante deste traballo é o seu primeiro libro conxunto, “Mulleres de Gargamala. Cantares de tradición oral” (Ed. ACentral Folque, col. A chave mestra), que veu a luz en decembro de 2017.

http://www.folque.com/01.140415wp/tenda/chave-mestra/mulleres-de-gargamala/

http://www.folque.com/01.140415wp/tenda/chave-mestra/maruxa-das-cortellas/

comments powered by Disqus