Sábado 14 marzo de 2020 • 21:30 h Música | 12€ ant./15€ bill.

Festa SonRías Bueu: SondaRúa, Ninhodelosrecaos Dj, García Mc

Festa SonRías Bueu: SondaRúa, Ninhodelosrecaos Dj, García Mc

O Festival SonRías Baixas -que celebrará a súa 18ª edición os 30, 31 de xullo e 1 de agosto en Bueu- espállase esta primavera por toda a xeografía galega, celebrando festas de presentación ao longo do mes de marzo en A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense, Lugo, Bueu e Mos, ademais de en Ponferrada e en Porto.

As festas, que tomarán na primavera as salas de concertos das principais cidades galegas, achegarán a outras cidades e vilas algunhas das propostas artísticas que xa son himnos do festival, como aos Dakidarría -que son unha das bandas que máis veces pisou os escenarios do SonRías e que sempre tivo unha resposta espectacular por parte do público- presentando a súa proposta en acústico e Muyayo Rif, que foi a gran sorpresa da pasada edición; ou unha das propostas de world musicmáis interesantes do país, García Mc & Nación Quilombo, que estará en agosto no festival e Ninhodelosrecaos Dj, un dos líderes de La Pegatina que cada ano ofrece en Bueu a súa versión máis desenfadada e bailable coas súas míticas sesións.

Tamén pasarán polas festas do SonRías Baixas SonDaRúa, claro exemplo dunha formación nacida nas redes sociais que desenvolveu un directo de gran calidade e contundencia e que presentarán un avance do seu novo traballo, que verá a luz en abril, e os Poetarras, o colectivo músico humorístico que reaparecerán -unha vez máis- ao calor do festival de Bueu, pero esta volta en Compostela.

Entradas anticipadas á venda en sonriasbaixas.info

comments powered by Disqus