Xoves 26 marzo de 2020 • 21:30 h Música | 5€
Miss Gi
Giselle Lau é unha cantante, autora e compositora, nacida en París, de descendencia chinesa e española. No ano 2000 múdase a Madrid e desenvolve alí a súa carreira musical, ata día de hoxe.
Empezou a súa formación no conservatorio, en Paris, con solfeo e piano clásico. En España, completa a súa formación musical con técnica vocal e composición de cancións. Giselle gravou dous álbums coa banda de rock Freak Mummy (‘Ombres Chinoises’, 2010 e ‘Raw’, 2013) como autora, compositora e cantante.
Tamén traballou como corista en varias bandas madrileñas, en estudo e en directo. A súa experiencia inclúe traballos compositivos no mundo da publicidade, o cinema e o teatro. No verán de 2014, Giselle gravou un álbum en solitario, baixo o nome artístico de MISS GI, en colaboración co produtor e músico Manuel Cabezalí (guitarrista produtor e vocalista da banda de rock Havalina) ( I ) é un álbum de dez cancións, moi persoal, diverso e sincero, gravado en tres idiomas: Inglés, español e francés. MISS GI preséntanos co seu pop minimalista, un universo luminoso, elegante e poético.
Entradas anticipadas á venda en Entradium.com
comments powered by Disqus