Domingo 19 xullo de 2020 • 12:30 h Música | 5€

Ghaveta

Ghaveta

AFORO LIMITADO

Prégase reservar previamente. Infórmate en info@aturuxo.net ou 679 612 655. Reservas ata o sábado 18 ás 19:00.


En 2015 publican o seu primeiro traballo discográfico que levará por nome Disque, sendo o reflexo material dos seus concertos, un traballo directo e sincero, no que a música tradicional xogará un papel protagonista.

Atoparanse temas recollidos en Mondariz, Arbo, Tordoia ou Solveira unidos en ocasións a composicións propias. Posteriormente e en colaboración coas Lagharteiras, daráselle forma a un novo modelo de concerto que se consolidará no Festival Folk La Voz de Galicia na Praza da Quintana.

Ghaveta presenta neste 2020 “​A raíz do Pensamento​” o novo de Beatriz Martínez (arpa), Diego Langarika (bouzouki e guitarra), Felipe Rodicio (violín) e Marta Martínez (voz, percusións y bouzouki). Un traballo moi persoal e coidado no que a música tradicional galega continúa a ser a gran protagonista sempre engalanada, con profundas armonías e ritmos. Contén temas tradicionais mantendo a liña de Disque, mais como novidade amplían fronteiras cara Portugal, con dous novos temas Entrudo e Moleirinha. Contarán nesta ocasión con grandes colaboracións…


Bono anticipado para esta actuación e a de ‘As Cantigas de Elena’ (20:00): 10€

comments powered by Disqus