Domingo 19 xullo de 2020 • 20:00 h Música | 7€
As Cantigas de Elena
AFORO LIMITADO
Prégase reservar previamente. Infórmate en info@aturuxo.net ou 679 612 655. Reservas ata o sábado 18 ás 19:00.
As Cantigas de Elena é un proxecto que recompila melodías recollidas a Elena Alonso Pino (Toutón, 1 de xullo de 1928), por parte de María Vidal, Pichi Abollado e o seu neto, Pipo Alvariño.
Elena recordaba multitude de melodías, algunhas delas moi antigas, e as cantaba dun xeito irrepetible. Tras unha sobremesa de cea de noite boa de 2016, Pipo Alvariño, María Vidal, Pichi Abollado e Miryam González acordaron que as fermosas melodías que conservaban de Elena non podía permanecer mais tempo no olvido. Así nace o proxecto As Cantigas de Elena.
O propósito deste traballo é mostrar como eran as veladas musicais de Pipo Alvariño coa súa avoa Elena: unha voz, unha guitarra e un acordeón. Deste concepto parten os arranxos musicais, composicións e produción, que pretende transmitir a esencia do canto tradicional de Elena que tan ben representa a voz de María Vidal.
Tamén participa neste proxecto o enxeñeiro de son dos prestixiosos PKO Studios (Boadilla del Monte), o tres veces gañador dos Latin Grammys, Caco Refojo, irmán de Pipo Alvariño.
Para realizar estas melodías e o acompañamento musical, Pipo e Caco entenderon que a gravación debería facerse ao vivo, aproveitando a excelente calidade de son que só PKO Studios pode ofrecer, e así transmitir o carácter das cancións do xeito mais fiel posible.
Bono anticipado para esta actuación e a de ‘Ghaveta’ (12:30): 10€
comments powered by Disqus