Venres 17 xullo de 2020 • 20:00 h Música | 8€
Francisco Moreira (Fado)
AFORO LIMITADO
Prégase reservar previamente. Infórmate en actividades@aturuxo.net ou no 679 612 655.
“Todos Os Fados São Meus” é o álbum de afirmación definitiva de Francisco Moreira no Fado. Cunha discografia que comezou na infancia e pasou pola adolescencia, é con este novo disco que o fadista demostra que o Fado é o camiño que quere e vai seguir ao longo da súa carreira.
Este traballo discográfico comporta un pouco de todas as características do Fado. Tanto nos ofrece Fado Tradicional con poemas antigos, como cancións fadistas intemporais. Dános fados compostos a propósito para este álbum, homenaxea grandes fadistas da Historia e ten espazo para Francisco Moreira se presentar igualmente como letrista. O acompañamento musical é de excelêecia, fiel á esencia daquilo que é acompañar o certo Fado, coas guitarras portuguesas de João Martins e Miguel Amaral (este segundo na interpretación dun tema por el), na viola de André Teixeira e no contrabaixo de Filipe Teixeira.
Poeticamente, as cancións pasan inevitabelmente polo Amor, pola Saudade, pola descrición de lugares e persoas, polo retrato das alegrías e tristezas da vida. O maior destaque vai para “Todos Os Fados São Meus”, o tema que dá nome ao álbum, escrito por António Laranjeira e musicado por André Teixeira. É aí que Francisco Moreira nos di como se entrega ao Fado e como non ten présa de facer o seu camiño, que ten sido sempre pautado por pasos seguros que acompañan o seu crecemento como persoa e como artista.
Sen olvidar toda a súa discografia anterior, este novo álbum é definitivamente aquel que marca a consolidación dunha carreira brillante, en que Francisco Moreira non esquece o seu pasado, mais ten os ollos postos nun futuro solidamente construído cun sentido estético irreprensible e unha voz moza, suxeita e moi madura.
comments powered by Disqus