Xoves 23 xullo de 2020 • 20:00 h Música

TéCanela (Entradas esgotadas)

TéCanela (Entradas esgotadas)

TéCanela é o dúo de cantautorxs formado por Jano Fernández, guitarra e voz, e Ariadna Rubio, voz e frauta traveseira.

A súa música é mestizaxe de estilos e ritmos, con letras cargadas de optimismo, humor e bo rolo, pero tamén de ironía e crítica social. As súas cancións son reflexo do seu sentir e da realidade que os rodea.

En 2015 comezaron a dar os seus primeiros concertos e despois de virar durante dous anos por diferentes salas de España e Latinoamérica, a finais de 2017 lanzaron o seu primeiro disco “Las dos caras del hilo”. Desde entón, o dúo seguiu crecendo, participando en numerosos festivais e enchendo salas ao longo de todo o país.

comments powered by Disqus