Mércores 29 xullo de 2020 • 20:00 h Música | 8€ ant./10€ bill.

Comando Radar

Comando Radar

AFORO LIMITADO

Prégase reservar previamente. Infórmate en actividades@aturuxo.net ou no 679 612 655.


Unha explosión de sonoridades xurden deste septeto de improvisación creado en Vigo en 2016. Dirixido polo músico galego e investigador sonoro Pablo Rega ofrecen un directo enerxético e cautivador onde o público pasa a ser testemuña do proceso da propia composición en vivo.

Con sonoridade moi fresca e atrevida a jazz de vangarda mixturado con noise, electrónica e rock publican o seu primeiro álbum en 2018 baixo o título Comando Radar e participan en festivais como ImaxinaSons 2018, Más que jazz…2018; salas como Sala Radar, Filloa, Galería ou grades espazos como o Teatro Colón (Coruña).

Unha nova forma de percibir a música que se crea directamente a través dos sinais xestuais que propón o director cautivando ao espectador desde o primeiro momento.

TODOS ATENT@S! A viaxe comeza…

COMANDO RADAR son:

  • Pablo Rega: Dirección, guitarra e aparellos
  • Luis Erades: Saxo Alto, Soprano
  • Pablo Sax: Saxo Tenor, Soprano
  • David Lojo: Trompeta
  • Saúl Puga: Contrabaixo
  • Carlos Castro: Batería
  • Xavi Bértolo: Teclados

Colaboran: Xunta de Galicia, Xacobeo 21 e Clubtura

comments powered by Disqus