Xoves 6 agosto de 2020 • 20:00 h Música | 5€ ant. / 7€ bill.

Xan Campos Trío (Augas Toldas Blues & Jazz)

Xan Campos Trío (Augas Toldas Blues & Jazz)

AFORO LIMITADO

Prégase reservar previamente. Infórmate no local, actividades@aturuxo.net ou no 986 322569 (de 10:00 a 14:00).

Abono dispoñible para os catro concertos de Augas Toldas Blues & Jazz (12€).


Xan Campos Trio é enerxía e jazz. Despois de case 15 anos xuntos sobre os palcos, e tamén fóra deles, a banda non se etiqueta nin lles preocupa que corrente jazzística é a súa. Para a revista estadounidense All About Jazz son “como a sacudida do primeiro café da mañá”, eles simplemente pensan en experimentar e gozar da música xunto co seu público, sen medo a saírse da norma, nin rachar cos prexuízos.

A súa é unha proposta para todos os públicos, para quen adora o jazz e tamén para quen nunca o probou. Despois da boa acollida dos seus anteriores discos, Orixe Cero (2011) e Ectropía (2014), nos cales plasmou o seu particular son cargado de jazz, pop, música clásica, rock progresivo e outras moitas influencias, o trío presenta Realismo, un disco producido polo Hevi (Malandrómeda) onde explora sonoridades máis electrónicas e efectos, sempre partindo dos instrumentos acústicos.


Entradas á venda no local e mais en Entradium.com (sen gastos adicionais).


Co apoio da Rede Galega de Música ao Vivo

Colaboran:

  • Adega Cabo do Mundo
  • Panadería A Bicha
  • Muebles Del Río
  • Carnicería Enrique
  • Godello Finca Os Cobatos (Grupo Pazo do Mar)
comments powered by Disqus