Domingo 9 agosto de 2020 • 20:00 h Música | 5€ ant. / 7€ bill.
David Regueiro Trío (Augas Toldas Blues & Jazz)
AFORO LIMITADO
Prégase reservar previamente. Infórmate no local, actividades@aturuxo.net ou no 986 322569 (de 10:00 a 14:00).
Entradas á venda no local e mais en Entradium.com (sen gastos adicionais).
Abono dispoñible para os catro concertos de Augas Toldas Blues & Jazz (12€).
David Regueiro, cunha ducia de discos editados, con centos de actuacións por diferentes países e co aplauso unánime de prensa e público, consolidouse coma un dos guitarristas de gypsy jazz máis prominentes do Estado.
Co seu trío, no que se acompaña de Iago Reigosa (guitarra) e Juyma Estévez (contrabaixo), presenta agora o seu novo disco, “Areal”. Este álbum, conformado por nove composicións de David Regueiro, está ubicado no jazz manouche, a corrente estética creada por Django Reinhardt, sen deixar de lado outras das súas influencias: o swing americano e o be-bop. O trío aporta unha visión rigorosa e respectuosa coa tradición ao tempo que fresca e innovadora.
Co apoio da Rede Galega de Música ao Vivo
Colaboran:
- Adega Cabo do Mundo
- Panadería A Bicha
- Muebles Del Río
- Carnicería Enrique
- Godello Finca Os Cobatos (Grupo Pazo do Mar)