Domingo 9 agosto de 2020 • 13:00 h Música | 3€

Enxeito (Augas Toldas Blues & Jazz)

Enxeito (Augas Toldas Blues & Jazz)

AFORO LIMITADO

Prégase reservar previamente. Infórmate no local, actividades@aturuxo.net ou no 986 322569 (de 10:00 a 14:00).

Entradas á venda no local e mais en Entradium.com (sen gastos adicionais).

Abono dispoñible para os catro concertos de Augas Toldas Blues & Jazz (12€).


A música de Enxeito encádrase no xénero funk, engadindo dende un primeiro momento as letras e os flows do rap e mesturandoo con melodías do soul e pequenas influencias do rock ou do blues buscando un son orixinal.

Tras un primeiro traballo autoproducido e autoeditado, Óscar e David atopan a Montse, Adri e Marcos, os compañeiros ideais para andar o camiño do FUNK.

Logo dun primeiro achegamento para probar as súas forzas, a banda consolídase a finais de 2018 tendo a súa base de operacións en Bueu.

Dende aquel momento o grupo foi gañando presencia e cohesión no escenario conectando moi ben co publico e chegando a dar concertos en cada vez máis festivais e salas recoñecidas coma o Aturuxo ou o Vilariño Folc. Xa no 2020 preséntanse ao EDP Live Bands con 2 temas en adianto do seu inminente disco “Superfunk” cos que son seleccionados polo xurado para chegar á final do concurso entre máis de 400 bandas.

Enxeito son:

  • Montse (saxo)
  • Marcos (baixo)
  • Adri (batería)
  • Óscar (guitarra e voz)
  • David (voz)

Co apoio de Directos Xacobeo 21 en Salas

Colaboran:

  • Adega Cabo do Mundo
  • Panadería A Bicha
  • Muebles Del Río
  • Carnicería Enrique
  • Godello Finca Os Cobatos (Grupo Pazo do Mar)
comments powered by Disqus