Venres 7 agosto de 2020 • 20:00 h Música | De balde
Concerto didáctico de blues para público xeral con Quique Gómez e Curro Serrano (Augas Toldas Blues & Jazz)
Aforo limitado. Prégase reservar previamente. Infórmate no local, actividades@aturuxo.net ou no 986 322569 (de 10:00 a 14:00).
Actuación didáctica cos músicos de blues Quique Gómez e Curro Serrano.
Quique Gómez & Curro Serrano coñécense no instituto onde comezan a tocar xuntos. Pouco despois forman Juan Bourbon, Juan Scotch & Juan Beer, 2 CDs e máis de 1000 de concertos nos seguintes 12 anos colócanos entre as bandas de referencia do Blues Nacional. Tras a disolución da banda, Curro e Quique continúan tocando en formato acústico esporadicamente, aínda que é a partir de 2017 cando se poñen máis serios co proxecto e deciden gravar o seu primeiro traballo con este formato.
Quique Gómez ten máis de 10 discos editados con diferentes proxectos e compartiu escenarios e xirado con artistas da talla de John Primee, Eddie C. Campbell, Bob Stroger, Jimmy Burns, Tail Dragger, Rockin Johnny…
Curro Serrano tocou con artistas como Buddy Miles, Rockin’ Johnny e Paul Orta e forma parte do Quinteto Quique Gómez & His Vipers
No seu directo, Quique e Curro levarannos da man polos EEUU da primeira metade do Século XX a través da súa música e as súas historias. Unha boa ocasión para gozar e coñecer un pouco máis a música que supuxo a semente da que creceron case todas as músicas do século XX.
Colaboran:
- Adega Cabo do Mundo
- Panadería A Bicha
- Muebles Del Río
- Carnicería Enrique
- Godello Finca Os Cobatos (Grupo Pazo do Mar)