Xoves 13 agosto de 2020 • 21:30 h Música | 5€ ant. / 7€ bill.

Cuarteto Caramuxo (Folc)

Cuarteto Caramuxo (Folc)

AFORO LIMITADO

Entradas á venda no local e mais en Entradium.com (sen gastos adicionais). Prégase reservar previamente. Infórmate no local, actividades@aturuxo.net ou no 986 322569 (de 10:00 a 14:00).


O repertorio do Cuarteto Caramuxo baséase na reinterpretación da música tradicional galega. As claves da súa singularidade residen en dous feitos: por unha banda, a instrumentación e, pola outra, os arranxos.

Catro intérpretes de clarinete -que abranguen toda a familia do instrumento-, unha percusionista tradicional e un acordeonista, todos eles cunha variada formación académica.

A mestura de todos estes elementos nuns arranxos colectivos onde cada un achega a súa propia personalidade e bagaxe musical, dan como resultado unha música fresca e orixinal que non persigue estilos nin referentes musicais alleos.

Co apoio de Directos Xacobeo 21 en Salas

comments powered by Disqus