Domingo 29 setembro de 2002 • 22:00 h Música | 3,50 €
Karbon 14 (Metal crossover / León)
Karbon 14 formouse en León a finais de 1998. Os seus compoñentes proceden de destacadas bandas leonesas coma Penitent Trees e Terremotors (gañadores do concurso de rock organizado pola Deputación de León en 1994).
Karbon 14 é un grupo hiperdinámico cunha tralla composta por ritmos malvados, riffs de guitarra sinistros, voces irónicas e letras rabiosas. Segundo a prensa especializada, o seu son é metal crossover, algo así coma unha mestura saborosa entre o grunge, o hardcore e o metal. Escoitan grupos coma Korn, Deftones, Limp Bizkit, Incubus, Machine Head, Hamlet… aínda que tamén sinten auténtica paixón polo que foi o son Seattle, banda coma Nirvana, Alice In Chains, Pearl Jam, Soundgarden…
Compoñentes
- Ivahn Fidalgo: voz e guitarra.
- Yoyes: guitarra.
- Rubo: baixo.
- Chucky: batería