Domingo 12 decembro de 2021 • 18:00 h Música | 8€ ant. / 10€ bill.

Spin Offs (Rock, Estremadura)

Spin Offs é unha banda de rock clásico de Estremadura. Como xa mostraron no seu primeiro EP debut ‘The Catcher in the Rye’, a banda sente paixón polos sons vintage dos 60 e 70, deixándoo patente no seu segundo EP ‘The Cry of the Mandrake’. Aterciopeladas melodías con variedade de ecos dos 70 afloran da voz da súa cantante Maribel Blanco, que xunto á guitarra líder de David Andrino e a base rítmica do baixista Víctor Sánchez e o batería Fran Pérez, experimentan con acerto retrousos e ritmos pegadizos entre duros sons hard-rock e blues-rock que contrastan co blues, soul, psicodelia, jazz ou stoner. Sen dúbida, unha banda con talento compositivo e interpretativo, un sopro de aire fresco con son anello.

Coa colaboración de Artistas en Ruta da AIE.

comments powered by Disqus