Domingo 29 maio de 2022 • 19:00 h Música | 5€

Eneritz Furyak (Post-folk, Euskadi)

Concerto en directo. Post folk desde Euskadi. Eneritz Furyak establécese co seu traballo como un valor emerxente das novas voces da música vasca. Xa xirou por Francia, Bélxica, Alemania, Suiza, Italia, e territorios máis próximos como Cataluña ou Galicia e por todo Euskadi.

En 2021 edita Emadan, unha declaración de intencións partindo de guitarra e voz e medrando sobre argamasas de graves omnipresentes e arranxos de trécolas. Abstración nunhas letras que se cuestionan o mundo é que ofrecen unha visión indómita do mundo en clave post folk contemporánea. A xove irundarra presentará o domingo a súa proposta en solitario desde o Aturuxo.

http://www.eneritzfuryak.com/

Vídeos en Youtube

comments powered by Disqus