Martes 5 xullo de 2022 • 20:30 h Música | 10€ ant. / 13€ bill.

No Reply (Neo swing, Madrid)

No Reply volta ao ATURUXO para presentar o seu terceiro álbum de estudio e o seu proxecto discográfico máis ambicioso ata hoxe.

Máis que un disco é unha declaración de intencións. Música incríblemente divertida cunha exquisitez musical propia dos grandes arranxistas americanos dos anos 50. No Reply voltan facendo versións de once cancións míticas de pop e rock de fala hispana levadas á súa linguaxe de swing e big band. Os autores Andrés Calamaro, Extremoduro, Platero y Tú, Vetusta Morla, Iván y Amaro Ferreiro, Love of Lesbian, Morgan, Fito Páez. Muchachito, Ariel Rot y Quique González son os escollidos pola banda para “esnaquizar” as súas cancións e levalas ao seu mundo de swing salvaxe. O disco o culminan catro cancións orixinais que deixan claro que No Reply manéxase marabillosamente ben tanto no terreo das versións como facendo repertorio orixinal.

Entradas anticipadas á venda no local e mais en Enterticket.es.

comments powered by Disqus