Venres 22 xullo de 2022 • 20:00 h Música | 15€ ant.

TéCanela

TéCanela presenta o seu novo disco “Al Borde de la Cordura”, nunha xira en formato banda coa que percorrerán un gran número de salas e teatros ao longo de todo o país.

Acompañadxs dos seus músicos habituais, Natxo Miralles e Carlos Gutiérrez, e sumándose ao grupo o guitarrista Javier Escudero, o dúo incorpora á súa característica posta en escena, cargada de enerxía e dinamismo, as cancións deste segundo álbum, incluíndo novos sons e estilos e mesturándoos coa rumba e as doses de humor e intimidade propias de xiras anteriores.

O resultado é unha viaxe de ida e volta entre o Mediterráneo e Latinoamérica cargado de cores e emocións diferentes.

Entradas anticipadas á venda no local e mais online en Wegow.

comments powered by Disqus