Xoves 28 xullo de 2022 • 20:30 h Música | 8€ ant. / 11€ bill. 🌿 Ao aire libre
João Gentil & Emiliano Faryna (Fado/tango)
Con Lidia Luna coma convidada especial.
Un tango nas mans dun portugués, un fado nas mans dun arxentino: dous músicos, dúas culturas
Este proxecto, baseado no eixo transatlántico entre a cultura portuguesa e arxentina, une dous xéneros musicais patrimonio inmaterial da humanidade: o tango e o fado.
Musicalmente moi próximos, esta fusión permite revivir o tango dende Carlos Gardel a Aníbal Troilo e ao grande mestre Astor Piazzolla. João Gentil (Portugal) no acordéon e bandoneon, Emiliano Faryna (Arxentina) na guitarra, dous músicos que estrearan este traballo xuntos no 1er Festival Porteño de Fado y Tango de Bos Aires, no carismático Almagro Tango Club en Boos Aires, na Arxentina.
Xuntos presentan un repertorio musical que promete unir as súas influenzas comúns de Portugal e da Arxentina na guitarra, acordeón e o bandoneón, o instrumento máis carismático de Bos Aires; unha viaxe que promete un repertorio ecléctico de melodías doces e ritmos frenéticos propios da linguaxe do tango arxentino.
João Gentil é un acordeonista que mudou a imaxe do acordeón no noso imaxinario transformándoo nun instrumento doce, sentimental e capaz de espremer do seu interior unha gran beleza melódica.
Conta cun vasto currículo e participacións con músicos de renome nacional e internacional, como Viviane, António Zambujo, Uxía, Rui Veloso, Brigada Vitor Jara, entre moitos outros.
No seu percorrido destacan as varias xiras na Arxentina, país polo que sente unha especial paixón e onde vai buscar gran parte das súas influenzas musicais. Alí coñeceu ao grande guitarrista de tango Emiliano Faryna, e así naceu este proxecto.
Emiliano Faryna naceu na cidade de Boos Aires, a capital do tango. Brillante guitarrista e arranxador para varias e varios artistas ligados ao mundo do tango arxentino, é un dos músicos de maior referencia da actualidade na capital arxentina, tanto no mundo do tango como na música popular do país. Actualmente está concluíndo a licenciatura en Música popular arxentina. Recentemente lanzou o seu primeiro EP, “Umbral”, integrado por catro composicións propias nas que amosa a súa gran sensibilidade.
Entradas á venda no mesmo local ou reservas a info@aturuxo.net.
comments powered by Disqus