Domingo 21 agosto de 2022 • 20:00 h Música | 8€ ant. / 10€ bill.
Lidia India e Latexo
Unha viaxe musical de ida e volta entre Galiza e o Mundo
Da mestura entre a banda de Lidia India e Latexo Percusión xorde un formato único, que agroma nesta proposta de World Music, composta por oito intérpretes, nunha formación que inclúe batería, baixo, guitarra, teclado, voces e un amplo set de percusión africana, brasileira, cubana e galega.
As composicións, de autoría propia, beben das fontes tradicionais galegas ás que se suman elementos doutras culturas, tanto musicais coma coreográficos.
Lidia India é unha cantora e compositora da comarca de Ferrolterra. Tras a súa estancia en Sudamérica, principalmente en Brasil, a súa música viuse influenciada polos ritmos afro-brasileiros que se mesturaron coas súas raíces musicais galegas.
Latexo Percusión é un grupo compostelán formado por percusionistas galegas que pesquisan na tradición musical dos blocos afro brasileiros e da música malinké da costa oeste africana, entre outras. En 2021 decidiron xuntarse e compartir ideas e formas de sentir a música.
Entradas anticipadas á venda na barra do Aturuxo. Tamén as podes reservar chamando aos teléfonos 986 32 25 69 ou 679 612 655, ou ben escribindo a info@aturuxo.net.
comments powered by Disqus