Domingo 28 agosto de 2022 • 20:00 h Música | 8€ ant. / 10€ bill. 🌿 Ao aire libre

Néboa (Pop alternativo, Galiza)

A menos de ano e medio da publicación de “A realidade enganosa”, un álbum que lles valeu diversos recoñecementos e que coroou a Néboa como un dos proxectos máis singulares do pop alternativo galego, a banda regresa agora con “Fósforo”, un EP que se pode entender como unha sorte de chama en cinco movementos.

Un álbum do que xa coñecemos estas últimas semanas os singles “A xente cea nas súas casas” e “Mamá (zamba)” no que o combo galego segue derrubando as fronteiras entre xéneros e movéndose a gusto entre o jazz, a indietrónica, a música tradicional galega, o fado portugués e o pop alternativo máis elegante; nun marco que parece conectar o espírito de Radiohead ou DJ Shadow con proxectos como Los Piratas, Nadadora ou Luz Casal.

Unha voz que, ademais, proxéctase especialmente polifónica e poliédrica a través dunha corte de vocalistas (Antía Ameixeiras, Susana Nunes, Tomás Porteiro, Aloia López e Lucas de Centi) que cantan en galego, portugués e castelán, e que achegan matices sonoros e rexistros que levan o cancioneiro de Néboa a un dos olimpos máis innovadores do novo pop ibérico.


Entradas anticipadas á venda na barra do Aturuxo e mais por internet

comments powered by Disqus