Sábado 26 novembro de 2022 • 12:30 h Charla

Debate sobre o impacto do Turismo no Medio Natural

Dende a Plataforma de Afectadas polo Turismo do Morrazo organizaremos unha charla debate sobre o Impacto do Turismo no Medio Natural, onde analizaremos o impacto que pode ter o turismo no noso medio, tanto mariño como terrestre.

Convidamos á veciñanza da nosa comarca a participar deste debate, achegando as súas visións e solucións sobre a problemática que nos afecta.

Acompañarannos Xurxo Mouriño, CEMMA e a asociación Anduxía.

comments powered by Disqus