Xoves 29 decembro de 2022 • 20:00 h Música | 6€ ant. / 8€ bill.
Leira Papaia + Botafogo (Circuíto Clube Estrella Galicia)
Leira Papaia é un trío das Rías Baixas, fundado na converxencia de escintilantes figuras xermoladas ao abeiro da Metamovida.
David Santos (Cro Neno), contrabaixista e activista en Cró! e en Es Un Árbol, xunta o seu talento ao violín de Elena Vázquez, partícipe en Trilitrate e Peña e tamén coa presenza á guitarra e voz de Pablo Riveira, membro fundacional de Buogh.
Unha proposta chea de sabor, actualizando boleros e cumbias nunha visión arriscada, norteña e contemporánea.
Botafogo é o novo proxecto de Borja Fernandez, foraxido de Verín, actor no Grupo Chévere e músico en Es Un Árbol.
A proposta de Botafogo é un percorrido por sonoridades galaico-luso-porteño-brasileiras que invocan tropicalismo, muiñeira guaraní e capoeira progresiva para guitarra, voz e trebellos.
Promovido polo Circuíto Galego de Concertos Clube Estrella Galicia.
comments powered by Disqus