Domingo 12 febreiro de 2023 • 20:00 h Música | 7€

Rastreros (Chantada - Xira 33 aniversario)

Xira 33 aniversario!!! Morte e Resurrección!!!

No ano 1989, unha aldea de Chantada na provincia de Lugo, viu renacer o Punk. Influídos polas bandas do rock radikal vasco e do punk inglés nacían RASTREROS. Co paso dos anos incorporan ao punk as súas raíces: letras con temática costumista, o galego (ademais do castelán, o inglés e o catalán), e as melodías dunha gaita insumisa.

Todo isto colócaos como cofundadores do movemento galego musical por excelencia: O BRAVÚ.


http://www.rastreros.net

https://www.facebook.com/osrastreros

Entradas á venda na barra do Aturuxo.

comments powered by Disqus