Domingo 5 marzo de 2023 • 12:00 h Música
Foliada–vermú 'Arredor da tradición'
Volta ao Aturuxo a foliada ao vermú de Arredor da Tradición. Denantes da foliada aberta, faremos unhas breves presentacións das nosas últimos publicacións: “Concha do Canizo. Este pandeiro que toco” (ACentral Folque 2021) e mais “Damas e Ghaláns no Entruido de Nergha. Unha danza de Entroido no Morrazo” (SAGA, 2022).
Haberá sorpresas e moito baile. Vide celebrar e compartir a nosa tradición oral!
Arredor da tradición é un grupo de traballo centrado na compilación, investigación e divulgación da música de tradición galega. Está integrado pola etnomusicóloga Xulia Feixoo e o compilador Guillerme Ignacio, e deu os seus primeiros pasos a fins do 2016.
Partindo do traballo de campo buscan profundizar no coñecemento das músicas de tradición oral, reservando sempre un papel protagonista para as propias informantes e empregando a divulgación como ferramenta de resocialización de todo ese patrimonio.
Froito importante deste traballo é o seu primeiro libro conxunto, “Mulleres de Gargamala. Cantares de tradición oral” (Ed. ACentral Folque, col. A chave mestra), que veu a luz en decembro de 2017. Ademais, teñen feito en conxunto artigos de divulgación científica así coma charlas e obradoiros por todo o país galego, e non só.
comments powered by Disqus