Domingo 7 maio de 2023 • 20:30 h Música | 8€ ANT 10€ BILL

Garcia Mc & Nación Quilombo

Nación Quilombo é o froito de máis de 20 anos de traxectoria musical deste referente indiscutible da cultura hip-hop en Galicia. García Mc foi parte de iniciativas recoñecidas en España como Dios Ke Te Crew, onde participou activamente ate 2016. Tamén formou parte de Labregos do Tempo dos Sputniks ou Ghamberros. Musicou poemas de Celso Emilio Ferreiro en clave rapeira, é colaborador da Banda Xangai e leva máis de 15 anos exercendo como pedagogo independente impartindo obradoiros e cursos de rap para así crear conciencia e valores entre adolescentes.

Agora sorprende cun espectáculo innovador á fronte da Nación Quilombo, unha banda que combina ritmos do mundo coa palabra como centro. [(https://linktr.ee/garciamc)]

comments powered by Disqus