Domingo 30 xuño de 2002 • 22:00 h Música | 4,00 €
Cachomundo (Mestizo / Barcelona)
Cachomundo xorde cando Ricardo Piñero (baixo), Carlos López (batería) e Joaquim Ramos (guitarra) se coñecen en 1999 no seo do Taller de Musics de Barcelona. A partir deste momento fórmase Tirando Millas. tras un ano de traballo gravan unha demo, tocando en distintos locais coma o clube Ra do barrio gótico, e participando en jam sessions en locais como La Boite, Jazz si, Savanah…
A comezos de 2000 únense Narcis Coromina ó saxo, e Marcelo Romero á voz, creando así a formación actual. Durante todo este ano compoñen o que hoxe é primeiro disco de Cachomundo, caracterizándose tanto pola mestizaxe musical como pola humana, debido á diversidade de orixe dos seus compoñentes. Durante todo o ano realizan concertos polo circuíto musical de Barcelona. A mediados de 2001 Mama Producciones proponlles a gravación do disco entre maio e xuño deste ano, contando coa producción artística de Mariano Martos.
En novembro se ano fan una pequena xira por Galicia, tocando en locais coma Forum Celticum (O Burgo), A Pera (Cambados), El bar de los Ron (A Coruña) ou Aturuxo Bar (Bueu), recibindo críticas moi favorables da prensa local. Recentemente gravan nos estudios Nómada de Barcelona dúas versións de Jimi Hendrix, que formaran parte dun recopilatorio en homenaxe a este artista, ademais de preparar novas actuacións a nivel nacional.