Xoves 11 xullo de 2002 • 23:00 h Música | 2,00 €
Onddo (Pop rock psicodélico / Euskadi)
Onddo xurdiu da terra fronteiriza do rock psicodélico co pop que tintina coma as campaíñas do solsticio de inverno. Escoitamos con coidado, con medo a tocala, esa perliña que é Japoniar neska, co seu bonito son cabalgando coma country refinado. Entramos tamén case con pés de la en Oker, que sabe a ritmo da terra e sopra a vento desolador. Os sons fríos de Jeloskor, que permiten un baile agarrado, recórdannos o traballo que estes mesmos músicos fan con Montoia.
Onddo céntranse nun riff de rock para sacudirse Luzaroan zu gabe, que como todas as pezas deste disco busca enmeigar con sons fermosos, impuros, imperfectos.
O grupo non xoga a ser REM, nin Phish, nin Grateful Dead, pero escoitando Belarriak bero parece que estes bocetos concentran atmósferas xogando contra o tempo. Onddo fan música artesanal, rock de ambientes e guitarras apto para relaxarse como mellor saibas.