Domingo 20 outubro de 2002 • 22:00 h Música | 4,00 €
Edu Bighands & Whiskey Tren (Blues / Madrid)
Edu Bighands é un guitarrista e cantante de blues cunha proxección internacional impresionante. É un estudioso e gran coñecedor do xénero, dende o seu estilo máis antigo e rural (guitarra acústica e en solitario) ata o blues eléctrico. Acompañado da súa banda, Whiskey Tren, fará as delicias de todo o público.
En 1999 gravou o seu primeiro mini CD, We love the life we live (Gaztelupeko Hotsak) e en 2002 gravou o seu primeiro disco xunto a Whiskey Tren, Beethoven Hot Sessions Vol. 1 (Guindilla Records).
Cómpre facer mención da súa presencia nos festivais de blues de Córdoba e Algeciras en 2001, e Antequera (Málaga), Reus (Tarragona), Cazorla (Jaén) e Cerdanyola (Barcelona) en 2002, compartindo cartel con artistas da talla de Skeeter Brandon, John Primer e Raimundo Amador.
Compoñentes
- Edu “Bighands”: voz
- Oskar González: guitarra
- Phineas Sánchez: baixo
- Ángel Garriga: batería