Domingo 16 febreiro de 2025 • 19:00 h Música | 6€
Vilariño Tolo e Manle.

Vilariño Tolo fórmanse en 1996 en Vilariño, O Hío e dende entón mantéñense fieis a súa esencia. Deixaron unha fonda pegada na memoria colectiva da escena local, redundando no seu inconfundible estilo de rock rural e actitude cañeira. Miguel leva a voz emocional e modula as intensidades, arroupado polas guitarras certeiras de Yosi e Bolas. A sección de subgraves está pilotada polo rítmico Cótex ao baixo e pola precisa batería de Lino. Conforman unha banda de experiencias únicas, chantadas nos rizomas profundos da subcultura peninsular do Hío. Vilariño Tolo reaparecen no Aturuxo para seguir a reformular o transcurrir da historia.
Manle, formáronse o pasado 2024 aunando sapiencia e veteranía con xuventude e tenacidade. Reformulan estilos clásicos do rock para engadirlle un ar renovado que transmuta a súa música nunha proposta única. Breixo Pouso da Serra é a voz principal, arroupado cas guitarras vibrantes de Guspi e Geno e ca xoven Leire ao baixo acompasada cas pautas da batería de Mundo. A marca da feituría Manle é un fresco dinamismo onde resalta a madurez do conxunto e unha característica enerxía festeira chea de autenticidade e diversión. Debutarán no Aturuxo para deleitármonos co seu ritual de ledicia.
comments powered by Disqus