Mércores 13 agosto de 2025 • 20:30 h Música | 8€
Luscofusco (Jazz)

Luscofusco é un cuarteto de jazz formado por Dani Font (guitarrista de Vigo, licenciado en jazz polo conservatorio de La Haya, actualmente reside en Montreal, Canadá), Álvaro Orcajo (contrabaixista pontevedrés, estudou na Escola Superior de Música de Cataluña e actualmente estuda jazz en Ámsterdam), Lluís Pérez-Villegas (batería mallorquino, estudou no mesmo lugar e agora comezará un máster deste estilo en Ámsterdam) e Carmen Llena (trompetista de Asturias, estudou na ESMUC e actualmente remata un máster en jazz en Londres).
O grupo nace da amizade entre os catro integrantes e da súa paixón pola música, co propósito de ofrecer a súa bagaxe musical a unha terra que consideran fogar, xa sexa polas raíces ou polo afecto.
O seu repertorio baséase principalmente en composicións orixinais escritas polos distintos membros do grupo, con espazo tamén para algúns estándares de jazz reinterpretados desde unha ollada persoal.
Luscofusco propón unha música honesta, fresca e fondamente conectada coa tradición do jazz contemporáneo, sempre aberta ás influencias que cada un foi incorporando ao longo do seu camiño.
comments powered by Disqus