Domingo 14 decembro de 2025 • 19:45 h Música | 10€ entrada única. Na barra do local.
Tangomango (Psicodelia, Soul, Funk, Galiza)
Tangomango presenta o seu primeiro disco homónimo: funk, soul e psicodelia Groove.
A banda viguesa Tangomango publica o seu álbum de debut, nove temas orixinais onde se atopan o funk máis cru, a elegancia do soul e unha psicodelia groove que invita ao movemento e á introspección. Gravado en febreiro de 2024 en Escusalla Sonora, o disco captura a identidade da banda: un son potente, emocional e pensado para o directo.
Segundo escribiu J.F. León en Ruta 66, “Tangomango non aposta pola nostalxia, senón por unha detonación emocional e física cun groove incendiario e psicodelia caleidoscópica”, destacando á formación como unha das propostas máis prometedoras do panorama galego.
Musicalmente, o grupo bebe de referencias como Sly & The Family Stone, Parliament-Funkadelic, Curtis Harding, Jungle ou Black Pumas, creando un estilo propio e recoñecible. Sobre o escenario, Toño López (voz) lidera unha banda formada por Julio Llorca (baixo), Antonio “Monano” (teclas), Guillermo Gagliardi (guitarra), Cibrán Rey (batería), Carlos Docampo (percusión) e os saxos de Andrea Pérez e Diego “Tornado” Alonso.
Tangomango xa pasou por festivais de referencia como o La Grapa Black Music Festival ou o Festival Millo Verde, consolidando a súa presenza na escena galega a base de enerxía, groove e personalidade.
Artigo da banda en Ruta 66:
https://www.ruta66.es/2025/06/breves/tangomango-lanza-hermano-un-latigazo-de-groove-calor-y-esperanza/
Máis info:
https://tangomangoband.bandcamp.com/
http://www.youtube.com/@TANGOMANGOFUNK
https://www.facebook.com/tangomangobanda/about?locale=es_ES
https://www.instagram.com/tangomangoband/
comments powered by Disqus