Sábado 20 decembro de 2025 • 21:30 h CANCELADO!!! | 0
Wavy Gravies (rocknroll, surf, garaxe...)
CANCELADO!!! CANCELADO!!!
Con antecedentes en bandas como Los Hijos Bastardos de Peter Lorre ou The Allnight Workers, os irmáns “Rufus El Guarro” e Jorge Lorre montan unha nova banda en 2014, coa idea de facer dos seus concertos auténticas celebracións do RocknRoll, onde o frat, o surf instrumental, o garaxe, ou incluso o punk teñen unha cita ineludíbel coa diversión e o sentido do humor.
Para isto chaman a Iván “Koko” Soutiño (Toxic Patrol, Breakin` Bones, Pegas Negras…) ao contrabaixo.
Dende entón estiveron tocando sen parar por toda Galiza e o Estado, ademáis de dúas xiras italianas.
A comezos do 2025 suman á guitarra ao seu diseñador de cabeceira, Rubén Xuárez (Foggy Mental Breakdown, High Sierras, Family Folks…). Formando así un equipo imbatible!!!
¡¡¡ Se queres unha wild primitive festa de Rock´n´Roll os WAVY GRAVIES son a túa banda!!!
Máis info:
https://loswavygravies.bandcamp.com/
https://www.facebook.com/loswavygravies/
https://www.ruta66.es/2018/08/encuentros/los-wavy-gravies/
comments powered by Disqus