Mércores 10 xuño de 2026 • 19:30 h Charla | De balde

Carlos Amado presenta Monte Aberto.

Carlos Amado presenta Monte Aberto.

O título fai referencia a un espazo comunal, un lugar sen propiedade onde os corpos se entregan libremente ao coñecemento. A natureza abrolla en cada verso e o poema respira como un bosque silencioso, pleno, lúdico e feliz.

Carlos Amado volve entregarnos a súa intensidade e faino cunha evocación inesquecible sobre o amor, o desexo e a poesía.

En conversa ca poeta Míriam Ferradáns e co editor Antón Lopo convidados por Fernando Miranda.


Carlos Amado (Vilariño, O Hío, 1968) deuse a coñecer como poeta nos anos noventa, cando publica títulos como O redello que tece a terra, que o colocaron entre as voces máis singulares do momento. Nesa época, publica tamén reseñas culturais e ensaios de historiografía músical na Revista das Letras.

Fundou a plataforma Musicadora, centrada na cultura dixital e na música de síntese. Coordenou e redactou o volume Selectronic.gal (2011), que sistematizou o corpus da produción musical electrónica en Galicia.

Entre 2018 e 2025 comprometeuse na programación de eventos no emblemático espazo do Aturuxo, en Bueu.

Actualmente, exerce de taberneiro no Rapeta, no seu O Hío natal.

Máis info:

https://chandapolvora.gal/

comments powered by Disqus