Domingo 27 setembro de 2009 • 21:00 h Música | Prezo por determinar

FainoTi (Bueu), Woden (Rock ska metal / Vigo)

FainoTi nace en Bueu a finais do 2004, comezando a tocar polos escenarios galegos no 2005. Dende o principio tiveron claro que a súa función era divertir ao público que os acompañaba en cada actuación. Tras o seu primeiro concerto, nestes anos de traxectoria tiveron a oportunidade de tocar con Alamedadosoulna, El Tío Calambres e La Cabra Mecánica. Quedaron segundos no I Concurso de Maquetas Rock nas Mariñas do Concello de Sada (A Coruña). FainoTi, un conxunto que naceu para combatir os cánones a seguir, por iso non é fácil asignarlles unha etiqueta. Os variados ritmos que tocan van dende o ska, até as baladas, pasando polo rock, reggae ou bossa nova. Nestes momentos están presentando o seu primeiro EP “Con un nudo en la garganta”, composto por 6 temas que resaltan o máis variado do seu repertorio.

Visita a web de FainoTi

Visita a web de Woden