Domingo 7 marzo de 2004 • 21:30 h Música | Prezo por determinar
Rayo y Los Trueno (Flamenco Rock / Madrid)
A compañía nace no ano 2000 coma consecuencia da unión de tres actores andaluces formados no C.A.T.(Instituto del Teatro, Centro Andaluz de Teatro).
Nun principio as cancións de Guillermo Orrico (voz y guitarra), composicións moi elaboradas con gran contido social e cargadas de ironía con tintes sureños, son a excusa perfecta para que xunto a Manolo Caro (voz e percusións) comecen a súa andadura musical en salas de concertos, pubs e bares.
Conforme o número de actuacións aumentaba,tamén o facían a improvisación e a teatralidade do espectáculo, respondendo á necesidade de tres actores que non se podían conformar cun mero concerto e apoiando así unhas letras comprometidas co noso momento histórico, tratando temas coma a afluencia masiva de “pateros”, as diferentes adiccións que xera unha sociedade consumista ou o efecto globalizador europeo.
De aí xorde a idea do seu primeiro espectáculo músico-teatral: “Spain is INdiferent!”.