Domingo 29 febreiro de 2004 • 21:30 h Música | Prezo por determinar
Antonio Serrano Quartet (Jazz)
Este concerto pertence ó programa Artistas en Ruta da AIE.
ANTONIO SERRANO (harmónica) é un dos poucos músicos de jazz que escollen este instrumento, que nembargantes nas mans e na boca deste gran músico, demostraranos o que pode facer con este minúsculo instrumento. Dentro dos músicos cos que colabora habitualmente citaremos só algúns xa que a lista sería moi longa:
- Música clásica: Orquestras Sinfónicas de Kiel, Hidelberg, Las Palmas, Sevilla, Orquestras de Radio e Televisión de Colonia, Estambul, Bélxica, Europa, Orquestra de RTVE
- Jazz: Chano Domínguez, Perico Sambeat, Jorge Pardo, Bob Sands, Joshua Edelman
- Flamenco: Tomasito, Vicente Amigo, Juan Cortés, Esperanza Fernández, Lolita Flores, Navajita Plateá, La Barbería del Sur
- Outros: Joaquín Sabina, Pedro Guerra, Ella Baila Sola, Presuntos Implicados, Tontxu
- Cine: B.S.O de Carne Trémula, Impulsos, Tiempos de Azúcar
HORACIO FUMERO (Arxentina), un contrabaixista excepcional, que colaborou durante 16 anos con Tete Montoliú ata a súa morte, pero tamén tocou con xente do nivel de Gato Barbieri, Freddie Hubbard, Johnny Griffin, Bobby Hutcherson, Horace Parlan, Cedar Walton, Sal Nistico, e un longo etc, sen esquencer que tamén está inmerso na música clásica.
JOSÉ REINOSO (Uruguay) no ano 1994 becado no Berklee College of Music, regresa ao seu país e toca coas principias figuras, realizando xiras por Brasil, Argentina e Europa, tocando nos mellores festivais de Jazz (Montreux, Jazz à Vienne, entre eles no de Lugo do ano 2001 ) Colaborou con numerosas figuras importantes como Michael Philipe Mossman, John Nugent, Mayle Martín, Luis Salinas
OSCAR GIUNTA (Argentina) Batería xoven que no ano 2003 foi premiado como o mellor baterista argentino, colaborou con xente da talla de Philip Catherine, Adrián Iaies, etc.