Domingo 15 febreiro de 2004 • 21:30 h Música | Prezo por determinar

Innerself (Trash metal / Asturias), Latem (Heavy Metal / Lugo)

Innerself

Presentando o seu disco “Emotional disorder”. Veñen dende Asturias, ese pobo tan apreciable no que últimamente parece que están saíndo bandas e todo se move a contracorrente.

Banda veterana, aínda que todo comenzase polo anterior grupo LEVIATHAN. Cando escoitamos o nome deste quinteto asturiano é inevitable pensar na gloriosa canción dos brasileños SEPULTURA; e, claro, o seguinte é preguntarse se os tiros da banda van por aí. A conclusión atopámola cando comezan a soar varios temas do seu disco EMOTIONAL DISORDER, que veñen apresentarnos.

O disco editado por LOCOMOTIVE soa a metal contundente con letras en inglés, que falan de historias e sucesos de todo tipo.

Compoñentes

  • Fernando Mateos (voz)
  • Luis Alberto Miranda (guitarra solista)
  • Andrés Alvárez (guitarra)
  • Ismael Domínguez (baixo)
  • Chema Alvárez (batería)

Latem

A orixe da palabra Latem proven da visión dun espello ao revés. Este grupo comenza a súa andaina en xaneiro do 2001 gracias á experiencia individual, á formación académica en conservatorios e diversas academias e á inquietante actividade dos seus componentes.

O seu estilo é moi variado dentro do metal (gothic, speed, power, death) co fin de non pecharse a ningunha variante.

No seu local de ensaio, que xa recibiu denuncias por ruídos, prepararon temas da súa 2ª maqueta “TU MIRADA”, que os levou a tocar en locais por toda Galicia. Agora achéganse a Bueu para facernos mover as melenas ao vento.

Compoñentes

  • Gonzalo Castro (voz)
  • Mario Fernández (guitarras, vocoder)
  • Sissi López (batería, coros, soprano)
  • Guillermo Abraldes (baixo)
  • Luis Monsalve (teclados, coros)

Visita a web de Innerself

Visita a web de Latem